Andrés Milleiro
Weblog personal

La crisis económica ya está aquí 35

Creo que todo indica que estamos no inicio dun cambio de tendenza económica. E pra moitos é algo totalmente novo. En xeral, case tódolos menores de 35 anos só viviron en época de bonanza. Eu teño 42 anos e na crise de 1992 miña axencia de publicidade cumplía case 4 anos. E lembro que foi duro: despidos de amigos noutras axencias, reducción de salarios e costes por tódolos lados, presupostos e inversión á baixa, impagos de clientes,… en especial lembro o desempleo. Amigos sen traballo. Compañeiros de facultade que caían nos recortes das multinacionais que medraran desaforadamente nos intres tolos da publicidade dos 80.

¿Que debemos entón agardar?

Reducción do consumo con especial incidenza no turismo, ocio e bens de equipo familiar -coches, electrodomésticos, ordenadores…-, aumento do desempleo, incremento da morosidade, maior dificultade pra acceder a financiación persoal e empresarial, reducción dos presupostos de márketing nas empresas, control salarial, menor movilidade laboral, reducción de operacións de capital risco e compraventa de empresas, … A verdade é que o que lembro non foi unha época divertida.

Ogallá me equivoque.

Máis en Crisis: ¿Ya está aquí?

El Gobierno recupera España 1

Se a esquerda empeza a confundir a comunidade cívica coa comunidade nacional, o populismo virá da man. No horizonte inmediato, o novo mapa de medios que emerxirá este outono e cuxos emblemas, con certeza empezarán a dar corporeidade a esa nova esquerda. Unha esquerda que mostra os primeiros síntomas de facer seu -a destempo histórico- un proxecto modernizador clásico -isto é, nacionalizante- que dende os 70 e ata o dagora lle fora alleo.

Máis en esta entrada do blogue de David de Ugarte. A raíz de isto, lembrar o lanzamento en Outono de Público, o periódico dirixido por Nacho Escolar (entrevista miña eiquí) e que pretende ser a competencia directa a El País.

La monarquía española y Arabia Saudí 2

O rei de Arabia Saudí volta ao seu país cun Toisón de Oro no equipaxe. A orden dinástica máis prestixiosa que se concede en España viaxa camiño dunha das maiores factorías da pena de morte no mundo. O paraíso dos verdugos. O lugar onde os executores presumen da súa habilidade coa espada. Poden seccionar a cabeza do corpo dun soio corte. Non hai inxección letal que poida mellorar esa eficacia.

É o que ten a monarquía en España. Se non ten inimigos, os crea. Se case ninguén fala de ela, fai o posíbel pra que a xente se lembre de que non hai nada tan ‘democrático’ como a lexitimidade dinástica. Se hai que agasallar aos amigos do Rei, non hai política de dereitos humáns –no caso de que exista– que poida empañar as visitas á Corte dos seus colegas de trono.

Máis en Guerra Eterna (vía Escolar.net)

No ha cogido por sorpresa 1

Pareceume dunha insensibilidade absoluta deixar no ar todas as balandronadas desta xente como querendo dicir: pelillos á mar. No fondo non son malos.

Pareceume unha mostra da catadura moral de Otegi e compañía a súa insensibilidade ante a dor humana cando son asasinados dous traballadores ecuatorianos en Barallas considerando o asunto un mero erro de cálculo.

Ségueme parecendo puníbel o espectáculo duns suxeitos que pretenden estar presentes nas institucións e dálles o mesmo que haxa kale borroka ou non, porque eles non condenan estas manifestacións do conflito.

Por iso, o comunicado de ETA non me pillou por sorpresa. Para dedicarse á política, ao servizo comunitario fan falta principios éticos e democráticos e esta xente nunca os tivo. Por iso non me estrañou nada o comunicado de ETA.

máis en esta entrada de Iñaki Anasagasti.

La sociedad de la (des)información 3

A administración desoe a usuarios e profesionais, iñorando a petición de que sexan os xuices os que poidan interrumpir a prestación dun servizo ou a retirada de determinados contidos.

A nova Lei, tal e como se redactou, pode provocar a censura e o veto pra acceder a contidos tal e como está sucedendo en países como China.

A Asociación de Internautas, falando ao respecto da decisión do Goberno, que poderá cerrar webs sen resolución xudicial. Sigo decindo que se decisións como ista ou a Lei Antitabaco o fai un goberno de dereitas, chamaríanlle de fascista pra arriba, pero así vai o país…

Salmantinos, hago saber 2

Otra cosa son los profesores. Ya no existen esos viejos profesores de antaño, de cara recta, temperamento recio y mano dura. Esos sí que educaban. Ya lo creo que lo hacían. ¡Anda que no pusieron a rojos firmes ni nada! Cualquier mínima desviación la corregían de un sopapo, fuera desviación del civismo o de columna vertebral. Ahora, lo que hay son sociatas metidos a catedráticos y metiéndose en institutos y colegios, rojos que colectivizan el material, anarquistas en las aulas hablando de ética y moral (qué sabrá un izquierdista de pacotilla lo que es eso), mendrugos marxistas que enseñan historia del comunismo e incluso hablan de la República (no he sufrido yo ni nada cuando me enteré de que le ponían un medallón en la plaza mayor, ¡en mi plaza mayor!), como si no hubiese historia más noble que comentar.

Más en Yo, el alcalde, blogue non oficial (de cachondeo,vaia) de o irmán de Cachuli Julián Lanzarote, o alcalde de Salamanca.

Grande librería Michelena 2

Alguien que tenga tiempo y discreción, uno de esos seres solitarios que deambulan a ciertas horas por las calles del centro sin destino, sin dinero y sin madre, debería ir a la librería Michelena de Pontevedra las tardes de tormenta gorda a pasar revista a los lectores de páginas sueltas, los estudiantes que buscan el libro de Civil y el universo, en fin, que despliega sus alas en los fondos de esa enorme, apabullante librería. Lo pensaba uno despacio, como tragando bolas de pan duro, esta semana de regreso a las estanterías de Michelena con los bolsillos llenos del dinero de otro, entorpeciendo alegremente un pasillo, porque estar en Michelena sin entorpecer un pasillo es como no estar, como no ser nadie.

Segue no blogue de Manuel Jabois

Cosas que peligran en la blogosfera 0

A liberdade de expresión en Internet é un dereito, non un privilexio, pero é un dereito que hai que defender. Pedimos a os bloggers de todo o mundo que mostren súa solidaridade cos usuarios da rede residentes en países onde poden ser encarcerados simplemente por criticar ao goberno.

Chamamento de Amnistía Internacional a toda a blogosfera.José Luis Orihuela tamén se fai eco de algo relacionado en Reporteros Sin Fronteras.

Entre qué gentes estamos 1

A Garda Civil abriu expediente informativo a dous axentes de Medina Sidonia (Cádiz) que o pasado xoves retiraron a bandeira republicana do interior da sé de Izquierda Unida por considerar que vulneraba a lei. O partido acudiu onte á Fiscalia para denunciar os feitos por entender que se vulneraran dereitos constitucionais.
Según IU, os axentes actuaron cando no local só se encontraba un dos dous concelleiros da formación no concello. Según o edil, os gardas civís exixíronlle que retirara unha bandeira republicana do interior da oficina que era visíbel dende o exterior.
Os axentes aduxeiron que se trataba dun símbolo anticonstitucional. O edil negouse e os gardas civís requisaron a bandeira.

Máis en Periodismo incendiario

El “runrun” de Abril del 31 1

Habida conta que a política exterior española non a deseña o rei senón o goberno, de que o rei é un protagonista máis e habida conta que Vladimir Putin acaba de estar en España en visita oficial, ¿non foi esta a clásica visita de vacacións do rei, das súas moi longas vacacións con toda súa familia subvencionada polo erario público e onde non houbo ningún día para ocuparse dos lumes da Galiza ou dos problemas da inmigración ilegal en Canarias?

Pregunta de Iñaki Anasagasti no Congreso dos Diputados,transcrita no seu blogue

Posteriores »