O mellor vídeo de humor visto en moito tempo 0
O novo ídolo de rock, moito máis heavy que Charly García, Fito e Calamaro. Pomelo é un rockeiro de verdade. Pomelo descontrola, Pomelo bardea, Pomelo é rock.
Iberia de novo sumerxida 1
Hai directos que marcan época, sobre todo se son despois de 10 anos. Non vou facer moitos máis comentarios ao vídeo, simplemente é cuestión de disfrutalo e ver ao público entregado. Iberia Sumergida, de Héroes del Silencio, onte 12 en Zaragoza:
Un xesto do que gardo no meu corazón 2
Read more »
Volve Qué Vida Más Triste 3
Volve, mais non é a terceira tempada, ou iso me parece. Teñen un blogue agora en El Correo Digital, e maxino que estarían atarefados nese tema, cicais por iso non saiu todavía a Terceira Tempada, polo dagora con data de saída indefinida.
Para quen non o coñeza, Qué Vida Más Triste é, na miña opinión, o mellor videoblogue en castelán, un lugar onde tódolos domingos Borja, a personaxe principal, fai un resumo da súa semana, con humor do bo, do basco, ao máis puro estilo de Vaya Semanita. En breve, agardamos a terceira tempada, en Youtube. Para acortar a espera, un dos mellores capítulos da segunda tempada…
“Vilma,ábreme la puerta”, con Nacho Escolar 1
Seino, sei que é unha putada que saquen a relucir o teu máis escuro pasado co teu xornal, teu máis brillante presente está na rúa e soa en tódolos lados. Pero en fin, en Blogpocket vexo o videoclip de “Vilma, ábreme la puerta”, éxito de Meteosat, a banda poperísima onde tocaba Nacho Escolar fai un tempo. Recoñezo que sabía ese pasado, pero nunca tivera visto un vídeo e teño que recoñecer que soame a canción de fai tempo…

