Andrés Milleiro
Weblog personal

Cambios en el blog 3

Recoñezo que dun tempo a esta parte, sobre todo despois da saída á luz de Trebellos, que coincidiu / está coincidindo co tramo final do curso (o que implica menos tempo todavía), estiven algo desorganizado ao respecto de este blogue.

Ben, a raíz de notar eu o pequeno caos decidín facer cambios no blogue, que polo dagora serán dous e que agardo que con ilo remate de organizarme e programarme, que está resultando algo medianamente bo:

  • A partir dagora non existen máis Videoracións. Os que sexades máis fans do blogue vos daríades conta fai xa tempo, outros cicais non. A razón a isto é que, por se non o sabédes, xunto con Manuls comezamos Tortilla de Patata, un blogue onde poñemos as tonterías que nos pasan e/ou atopamos pola rede, principalmente vídeos, polo que xerar un contido repetido non me parece demasiado bo de cara a vós, os lectores, pero ben, lóxicamente, visitade Tortilla de Patata.
  • Recoñezo que o tema de as entrevistas o fixen dunha maneira un tanto irregular, así que a partir dagora publicarei unha entrevista ao mes, que a terei planificada con tempo e demais. A de Maio, a Andrés Nieto, unha entrevista que, recoñezo, fai tempo que a pactamos (o 27 de Xaneiro, vergoña me tería que dar ver todavía o borrador en Gmail, o sinto Andrés) e que por cuestións de tiempo quedou algo apartada. Antes de final de mes prometo publicala.

Agardo que vos gusten os cambios do blogue que, principalmente os fixen pra darme algo de respiro e poder compaxinar isto un pouco mellor e poder planificar todo máis.

Videoraciones del 22 de Abril de 2007 0

  • O recoñezo, ata fai non moito isto era o tono do meu teléfono móbil; pero recoñecede que é pegadizo, de feito eu non a coñecía ata fai pouco e por casualidade, acabo de descubrir o vídeo, outra xenialidade máis da factoría chanante: ¿dónde vas tunante?
  • E, falando de factorías, outra máis de Andressolo: neste intre se queixa porque, grazas ao cambio climático na Galiza tivemos unha Semana Santa xenial, polo que agora non deberíamos combatir o cambio climático: novo clima galego.
  • Pra quen non o coñeza, Jose Ramón Gayoso é un presentador histórico da TVG, dun magazine que se emite os Venres á noite onde actúan moitos artistas de renombre. De vez en cando o pobre home ten erros, como todo humán e, sen querer pode anunciar a morte do Fary en Luar.
  • Un vídeo que me pasaron recentemente e que, pese a todo, non puiden evitar a gargallada durante todo o vídeo. O novo xoguete que todo neno desexará o vindeiro Nadal: Margarito.
  • O vídeo da rapaza da mancha no pelo segue dando bastante xugo na rede…e unha boa mostra dilo son estes dous: O xa mítico rapaz alemán e a rapaza, cara a cara e a confesión da rapaza de la mancha.

Videoraciones del 15 de abril de 2007 3

Vía Píxel y Díxel un vídeo que asombrou e de que maneira: unhas galiñas intervindo nunha pelexa entre coellos. Vivir pra ver.

Vía Ismael El-Qudsi un vídeo que hoxe xa vin por varios blogues e que por ilo non o deixarei de citar polo gracioso que me parece o anuncio en sí: Vodafone crea a cidade dos geeks

A típica nena á que nos gustaría pegar. Sinto incitar á violencia pero é o que o vídeo incitou en mí, a típica nena loira e “repipi”, aínda que o vídeo pague a pena….

Grazas a Javi un corto que me fixo bastante graza: Eyaculación Precoz Man. Con semellante título, creo que sobran as palabras…

Se non lembro mal, este vídeo o vin en Proletarium e me encantou, como me encanta a serie: os mellores inicios de capítulo de Los Simpsons, algún realmente bo…

A influenza de Pachelbel na música. Non sei cuán antigo é o vídeo e si moitos o tedes visto…pero eu me enterei da súa existenza fai non moito…e non podo evitar rirme cada vez que o veo, tremendo…o mejor posíbelmente dos postos hoxe.

Las videoraciones de hoy 3

modo pataleta on

Desde Vieiros gustaríanos coñecer a túa ollada sobre a ciberfesta e para iso prestámosche unha cámara. Ofrécenos a túa visión e opta ademais aos Premios Vieiros XGN 2007….os vídeos súbeos ao Youtube ou a Google Vídeo: ponlles o tag vieirosXGN2007

Búsqueda en Youtube do tag vieirosXGN2007 y búsqueda en Google Video do mesmo tag. Gañador do premio:

Vídeo sen o tag “VieirosXGN2007″

Grazas Vieiros por premiar o esforzo de cumplir as regras. E sí, é unha pataleta.

ACTUALIZACIÓN: Contestación de Vieiros:

Dóenos que pensedes iso e sinto que chamara a confusión o texto. Pero a todos os que viñeron a preguntar díxoselles o mesmo. Unha das formas de enviar era poñer o tag, porque dese xeito podiamos buscalos de xeito sinxelo. A outra era enviar o traballo ao correo electrónico:

“Envíanos o link do teu traballo para que non nos pase desapercibido. O mail onde os recibimos: xgn@vieiros.com”

Sego a dicir que non é xusto que gañe un vídeo que non cumpre as regras, non di “podes poñer o tag ou mandarnos un mail”. Eu fixen as dúas cousas…

videoraciones del 25 de marzo de 2007 3

Muda a hora pero as videoracións seguen aquí, ao pé do canón. Aí van as de hoxe, con pequeno agasallo:

A non-nova da semana. Ou, máis ben, o tema de Otegui atrapado na neve visto pola xente de El Jueves; xeniais, como sempre.

Os Teletubbies “hardcore”. Eu me pensaría en ponerlle esto a meus fillos…cicais sexa a razón de tanto amante do techno neste país…

A serie “Perdidos” en Padre de Familia ou, ao menos, unha recreazón. Tremendo o final do vídeo, cada día gosto máis de esta serie…

O cordobés, “se cuerpo”. Tremendo vídeo pra a historia da humanidade rescatado no blogue de Parkito.

O doctor House toca nun grupo de música. Eu non mo imaxino con ese gracexo particular que lle caracteriza na serie tocando nun concerto, mais cicais detrás de ese “afábel” doctor esté un ser realmente simpático…

E, finalmente, o agasallo.
O novo anuncio de Sport Man.Despois dunha tarde de estudio, un pouquiño de descanso non ven mal. Sobre todo se se é deportista…

videoraciones del 18 de Marzo de 2007 3

Vía Vidoblog atopo o novo vídeo de Avril Lavigne, en castelán. Por eiquí algún comentaban que di “chocho”, e eu a verdade non entendo moi ben salvo o “podría ser tu novia”, propio máis ben dunha erasmus en Salamanca…
Análisis en Noche Hache do xuizo do 11-M. É unha sección que meteron no programa e está bastante curiosa, coa intervenzón do salmantino Quequé…
Otegui facendo campaña electoral en Bilbao, nas rúas de Bilbao concretamente. O que se atopa un por Youtube…
Un portero de fútbol marcando un gol de cabeza. Non, non é o anuncio de Coca-Cola. É Palop, o gardamallas do Sevilla e o gol foi fai uns días, e no tempo engadido. In-críbel.

Videoraciones del 11 de Marzo de 2007 2

Meu ordenador morreu (si, outra vez), así que estou usando ordenador alleo (grazas, JaVi) e non vou a explaiarme demasiado, así que aí van as Videoracións:

  • Ter un vórtice espacial na habitazón non ten prezo. Que llo digan a Borxa, novo capítulo de Qué Vida Más Triste.
  • Punset en Cruz y Raya. Ou máis ben, Cruz y Raya en Redes. Pese a que non gosto demasiado de Cruz y Raya, o vídeo calca bastante o programa de Punset…
  • Abrazos gratis en Salamanca. Adicado a todas esas persoas que con este vídeo se dan conta que aparecen en Youtube e non o sabían ata o momento.
  • Voltan Locomía. Ou ao menos, en Youtube, grazas ao cal podo lembrar eses intres de abanicos e mariposeo. Deus bendiga Youtube.
  • Wilfred y la Ganga con “Mi Abuela”. Se quedáchedes paralizados despois do vídeo de Locomía, mellor non ver este. Outro gran éxito bodrio dos 90.
  • videoraciones del 4 de marzo de 2007 1

    Os vídeos seleccionados pra esta semana son:
    Se bebes, non vaias ao baño. Ou non vaias soa, ao menos, porque pode suceder que coñezas o frescor do auga do inodoro…e pode que non te sente ben.

    Os Batasunis.. Tremendo. Outra coña máis da factoría de “Vaya Semanita” e a ETB, neste intre metendo aos Lunnis na kale borroka. Tremendo.

    Cuéntame (en Nadal). Xenial sketch da factoría de Cruz y Raya (e iso que non me gustan demasiado), sobre a familia de Antoñito Alcántara; a verdade é que seus gags dan pra unhas boas risas, e os humoristas souberon aproveitalas. -¡Alcántaraaa! ¡Alcantarillitaaa!

    10 puntos pra a cheerleader. Poñámonos en situazón: un campeonato de mates e demáis, e chega o “chulito”: primeiro intento e destroza a canasta, segundo intento e… mellor velo, risas garantidas.

    Cousas que suceden en concertos de SJK..O grupo formado polos rapaces de Los Serrano xera reaccións alá onde actúan, pra ben e pra mal. Vexan as reaccións dunha histérica cando el bícalle a ela…manda truco.

    Videoraciones del 25 de Febrero de 2007 0

    Ben, con algo de retraso pois tiven visita en Salamanca, aí van resumidas as Videoracións:
    Os mellores momentos de “Luisma” en Aida. Adoro a Paco León, lémbrame ao vídeo de “la Sole e o chisqueiro”…diño de ver.

    O xuizo do 11M visto por Eva Hache e Quequé. Porque fai falla algo de humor nunha semana así…

    Futuras estrelas musicais anegan Youtube. Vídeos como este non fan falla presentazón, ou sí, pra evitar demandas. Un grupo de rapazas que se gravan na habitación dunha cantando seu propio tema, “Pija”. Tea mariñeira a próxima xeración.

    O famoso porrito de Cayetana Guillén Cuervo. Pois si, o fumou, e en directo, posíbelmente debido á baixa audienza do seu novo programa na 2. O que me semella raro é que non levantara apenas polémica…

    videoraciones del 18 de febrero de 2007 2

    Imos aló. Hai algún vídeo que creo que non puxen nalgunha videoración anterior, pero me empeza a costar lembralo, aínda que creo que finalmente non. Aí van:
    As novas xeracións e a informática. Tea marineira o vídeo (grazas manu!). Incríbel o uso de Flickr por un rapaz de 2 anos. Absolutamente incríbel.

    Menea el bullarengue. Quen coñeza un pouco Madrid coñecerá o Kwai, rexentado por un asturiano chamado Constante e bar mítico onde os haxa na cidade, coñecido por ser un local “de moda” durante a movida madrileña e polas súas salidas de tono (toma, el Vodka. Fanta no tengo, mariconadas a otro bar soe decir…),ás copas lles chama pechugas. Diño de visitar se se vai a Madrid. Ah, por certo, o vídeo é Siniestro Total (con máis xente, como Antón Reixa, que gravarían tamén alí un vídeo de Os Resentidos), en plena movida madrileña, con Constante aparecendo na barra bailando…

    A primeira película porno-erótica en galego. Anda que non me tiven rido co vídeo… “Empanada de Ameixa” é o título do vídeo, en Youtube. Entre os actores destaca Miguel de Lira (Currás, en Mareas Vivas). Risas garantidas.

    Mike Oldfield tocando “Paquito el Chocolatero”. Case o destacaría como o vídeo freak do mes, porque vaia, eu vou a un concerto de U2, pago meu dineral relixiosamente e vexo que Bono empeza a cantar Campanera…pois en fin. Destacaría cómo se anima o público ao escoitalo, cicais lembrando a canción que tiñan escoitado meses antes en Mallorca un Domingo ás 7 da mañá.

    Sulfuro Hexafluorídrico. Creo que ése é o nome do composto, e maxino que non te di nada. Pero se te digo que ten o efecto contrario nas cordas vocais ao Helio qué me dis…

    Posteriores »