Enjuto Mojamuto en “El peor día de mi vida” 4
Só podían ser os de Muchachada Nui…
Só podían ser os de Muchachada Nui…
Seino, sei que é unha putada que saquen a relucir o teu máis escuro pasado co teu xornal, teu máis brillante presente está na rúa e soa en tódolos lados. Pero en fin, en Blogpocket vexo o videoclip de “Vilma, ábreme la puerta”, éxito de Meteosat, a banda poperísima onde tocaba Nacho Escolar fai un tempo. Recoñezo que sabía ese pasado, pero nunca tivera visto un vídeo e teño que recoñecer que soame a canción de fai tempo…
Hoxe estaba comendo e vin unha das promos de Muchachada Nui, o programa que comezará a emitir La 2 con os actores de La Hora Chanante. Só vin unha, na que se imitaba a Bono, o cantante de U2, namentras cantaba Lemon, unha das miñas cancións favoritas da banda. Por moitos é coñecida miña gran afición a U2, e non puiden evitar a gargallada ao ver o vídeo, tremendo.
Sobre o programa, empeza o 19 de Setembro ás 23 horas en La 2, e páreceme, independentemente de se o quero ou non, unha aposta por humor e, ao menos seguro, por traer audiencia á TV pública. Parabéns, e aí vai o vídeo:
Relacionado: Las promos de Muchachada Nui (¡Vaya Tele!)
Onte en directo…cando o vin, pensei que non podía da risa…
Tremendo o momento vivido no Programa de Ana Rosa Quintana, se é que aínda queda moito racismo neste país…
A tres voltas e case quedas quinto. Frase case pra a historia de Fernando Alonso que, pese a que non me cae moi ben, recoñezo que tocou e afundiu a Felipe Massa na discusión despois de que seus coches se rozasen: